Seguen as Letras no Campo en Ribadeo, unha nova cita cos libros en forma de feira
RIBADEO
Concluirá este día 17 en San Francisco
16 may 2022 . Actualizado a las 20:40 h.Ante a proximidade da celebración das Letras Galegas, Ribadeo dálle un merecido pulo á data inaugurando do 14 ao 17 Letras no Campo, a súa feira libreira. O evento recibe ese nome porque «pretende rescatar a denominación que sempre se lle deu a esta parte da vila, o Campo. E así, tanto as casetas como a sala onde se farán as presentacións están no Campo de San Francisco. Nesta edición estarán presentes as librarías Bis a Bis, Gráficas Santiago, Pícaros Mundi e Anticuaria Galgo, de Ribadeo, que ofrecerán un desconto do 10% na venta de libros en galego. A maiores exporán as súas producións a editorial Canela e o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo», adianta a edila ribadense de Cultura Pilar Otero.
A veigueña Belén Rico Prieto será a encargada de dar o pregón este mesmo sábado (19.30). «Unha forma de visibilización _indica_ da produción literaria» que hai ao outro lado do Eo compartindo «unha mesma lingua rica e variada». Esta fin de semana e luns presentarán María do Cebreiro, Carlos Varela Aenlle, Antía Yáñez, Cesáreo Sánchez Iglesias, Paco Rivas, Xesús Trashorras, Lucía Ferro, continuando o martes máis autores, e actuarán a portuguesa Eva Parmenter e proxectarase Valentina de Chelo Loureiro, cun Goya. Tamén haberá un photocall con Coco e Coca.
Os expositores abrirán ao público en horario de 11.30 a 13.30 horas polas mañás e de 17.30 a 20.30 polas tardes.