Se cocerá cada mañana y el que no se venda se retirará de noche para elaborar
18 nov 2023 . Actualizado a las 14:52 h.Pablo Quintana Pérez, mayorista de marisco con dos décadas de trayectoria con su empresa Mariscos Ribadeo, va a dar un paso adelante en la proyección de su firma con la apertura de un cocedero de marisco de venta al público, el primero en el casco urbano de Ribadeo, ubicado en la calle san Roque. Trabaja con producto que adquiere en Escocia, Irlanda, norte de Francia y singularmente Galicia, que será la procedencia -gallega- de la mayor parte de la oferta que tendrá en la tienda de Ribadeo. Gran parte del producto que pone en el mercado Mariscos Ribadeo se distribuye por la zona del Mediterráneo, aunque también trabaja con la hostelería y pescaderías de una zona que abarca desde Oviedo hasta O Vicedo.
«En Ribadeo teremos agora a nosa base loxística e atenderemos ao público en xeral, que se anime a achegarse a ver o marisco vivo en viveiros, no seu hábitat máis idóneo dentro da cautividade, e se o quere levar para a casa xa cociñado imos dispor dun cocedoiro no que se elaborará todos os días. Non vai haber produto á venda de dous días. Cocerase pola maña e ao final do día o que non se venda, en óptimas conducións, reelaborarase para vender ultraconxelado», explica Pablo Quintana.
Ese es el secreto que, desde su posición de mayorista, le permitirá optimizar el negocio: «A tenda abrirá ao público pola mañá. Antes de abrir farase un cocido do día e presentarase en exposición para quen queira levalo escollendo a peza. Vai ser marisco vivo que sacaremos cada día do viveiro. Ao rematar a tarde, o que non se vendeu elaborarase, desmigándoo á man, artesanalmente, e ultraconxelándoo, para un formato que se temos na sección de elaborado de Mariscos Ribadeo, que demanda a hostalería porque é un produto de primeira calidade que se usa en salpicóns e moitos pratos. Así non hai perda de produto, o cliente ten sempre a garantía de que está a levar marisco cocido do día, nunca poderá pensar aquilo de coceuno onte e vendeumo hoxe, e axustamos o prezo», señala Pablo Quintana.
Culmina así un proyecto que pretende aprovechar un nicho de mercado: «A idea é que a xente dispoña en Ribadeo, todos os días e en calquera momento, dun cocedoiro de marisco do día, con produto para cando xorda a ocasión. Como se estás tomando unhas cervexas na casa e dis, apetécenme unhas nécoras. Pois aí estará o cocedoiro, con elas xa feitas, para evitar ter que cociñar, manchar...».
Otras de las señas de identidad de la tienda serán, indica Pablo Quintana, la variedad, calidad y tallas: «Hai xente que demanda tallas extra, que non se atopan nos supermercados nos que venden marisco. Ímola ter. Pero xogaremos coa gama de prezos, e tamén haberá gamas pequenas, garantindo sempre a calidade. Imos empezar co máis funcional, bogavante, lagosta, nécora, centolo... Agora estamos na campaña do centolo galego e probablemente vai ser o que terá máis tirón en decembro. Haberá boi, ameixa de varios tipos, cigala, mexillón, berberecho, coquina en temporada, tamén gamba de Palamós, que como teño contacto con lonxas do Mediterráneo xa estamos introducindo... Tamén teremos unha pequena sección de conxelado, con gamba, lagostino... o produto máis demandado. E incluiremos unha sección de conservas gourmet».
«Penso que hai un nicho de mercado, pero sei que haberá que loitalo moito»
Las obras para concluir el cocedero y la tienda discurren estos días a todo ritmo en un bajo de la calle San Roque. La intención de Pablo Quintana es abrir en breve, el mes que viene aprovechando la campaña de Navidad. Si surge algún imprevisto y no puede ser, la apertura se pospondría hasta Semana Santa.
«Empecei co proxecto en febreiro. Foi unha tramitación complexa e agora xa estamos no tramo final. Está todo enfocado a abrir en decembro. Sempre tiven gañas de ter unha tenda de venda ao público en Ribadeo, que é onde vivo e a zona onde traballo. Hai un nicho de mercado que está aí, pero haberá que loitalo moito», manifiesta.
Y para ello, su idea es que la tienda abra todos los días de la semana, aunque los domingos solo por la mañana: «Como o domingo abre o comercio, do que se trata é de que quen veña a comprar a Ribadeo, por exemplo ou uns zapatos, tamén se poda levar marisco, vivo ou xa cocido». El horario de apertura será flexible, de mañana y tarde, facilitando la conciliación de los empleados, «porque eu vou estar por aí sempre», aclara Pablo Quintana.
«O negocio está orientado a todo tipo de cliente, pero a ninguén escapa que Ribadeo ten moita proxección turística, e que vén moita xente os festivos e en temporadas de vacacións. E agora haberá unha oferta de marisco nun cocedoiro. Tamén traballaremos a venda online, porque as web funcionan se lles dedicas tempo», concluyó.