A tala de árbores en Ribadeo e as explicacións do alcalde

Plataforma pola defensa das nosas árbores

RIBADEO

JOSE ALONSO

10 dic 2024 . Actualizado a las 09:42 h.

Como xa temos informado, o pasado dia 26 de novembro un grupo de veciñas s e veciños de Ribadeo decidimos constituirnos na Plataforma para a Defensa das Arbores da Vila e do Concello diante das repetidas cortas que se viñeron producindo nos últimos meses.

Nas xuntanzas de este colectivo decidiuse pedir unha entrevista ao Sr. Alcalde e convocar unha concentración veciñal para deixar constancia do malestar existente na sociedade ribadense.

Da concentración, que tivo lugar o martes, dia tres de decembro xa deron conta os medios de comunicación e nas fotos pódese apreciar que pese a estar un tempo moi desapacible asistiron como mínimo unhas duascentas persoas.

Da entrevista co Sr. Alcalde que se celebrou o mesmo martes ás nove da mañan e a que asistimos seis persoas imos dar conta de seguido, se ben adiantamos que non é doado por ser unha entrevista que non tivo unha liña regular, con participación de todas e todos os asistentes e numerosos comentarios e valoracións personais de difícil comunicación.

Os aspectos que queremos suliñar da devandita entrevista son os seguintes:

 

1º Según o Sr. Alcalde as cortas de árbores no Colexio Público foron realizadas tras un informe técnico por unha empresa acreditada. Deixando aparte que se alude á suposta infalibilidade dos técnicos cando non hai outros argumentos, debemos suliñar que o devandito informe ? que xa coñecímos uns días antes por unha via paralela ? foi redactado pola mesma empresa que despois fixo a corta ordeada pola alcaldía. Como non queremos entrar en insinuacións nen suspicacias so diremos que este procedimento de contratación entra no que se chama un clarísimo conflicto de intereses e que neste contexto os ínformes técnicos quedan autodescalificados sen entrar sequera a leelos como pode entender calquer estudante de segundo de primaria. Pola outra banda temos acreditado con documentos oficiais que as que datas que figuran nalgún destes informes son posteriores ás cortas realizadas no colexio.

 

2º O Sr. Alcalde repetiu ata a saciedade as accións e omisións dos gobernos anteriores, insinuado que a nosa plataforma podería ter algunha relación cos partidos políticos ou persoas de gobernos anteriores, Temos particular interés por suliñar que esta é unha insidia política e que esta plataforma non ten a mais mínima relación con nengún grupo ou partido político real ou imaxinario.

 

3º A pregunta directa de se existe un proxecto de reformas no campo de Sta. Maria e no Parque Municipal que suporían a corta de mais árbores o Sr. Alcalde manifestou que non existía tal proxecto. Sin embargo ao día seguinte atopamos tres declaracións á prensa e radio do Sr. Alcalde dos últimos meses nas que afirma que se van realizar reformas nos parques sen concretar. Diante de esta contradicción, que nos abstemos de calificar, estaremos á espreita de calquer movemento na liña de novas cortas de árbores e esiximos que se publiquen eses proxectos e non se actúe por sorpresa ás sete da mañan como veu sucedendo. Asemade preguntóuselle ao Sr Alcalde sobre un suposto proxecto de cortar as sete arbores que existen enfronte das vivendas sociais, na rua Clemente Martinez Pasarón e respostou que existía ese proxecto, que se iban suprimir os colectores de lixo subterráneos por motivos “técnicos” e que non se iban cortar as arbores pero non presentou o proxecto nen prometeu presentalo ao público.

 Nos próximos días anunciaremos un acto público para informar e debater sobre este asunto e anunciamos que seguiremos loitando por evitar que se produzan mais cortas de árbores inxustificadas no concello de Ribadeo e que se publiquen os proxectos de obras que podan afectar ao benestar, a calidade de vida da veciñanza e á imaxe de un Ribadeo verde, moderno e humanitario.