«Non me paso todo o día estudando. Gústame moito debuxar, ler sobre a Historia e tamén coser»

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

Paula García, exalumna do IES Vilar Ponte e estudante de Artes no instituto Monte Castelo, recibiu o premio extraordinario da ESO

09 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Paula García Corral (Viveiro, 2002) figura entre os vinte estudantes galegos distinguidos cos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria e ao rendemento académico no curso 2017-2018. Antiga alumna do IES Vilar Ponte de Viveiro, actualmente cursa Bacharelato de Artes no IES Monte Castelo de Burela. Paula, de 16 anos, presentouse en setembro ao exame co que aspiraba ao premio. O mércores, a Consellería de Educación publicou a listaxe dos premiados. Ademais dela, só hai outros dous lucenses na relación de distinguidos. O importe do premio é de 750 euros e por agora non sabe que día terá que ir recoller o galardón.

?¿Está satisfeita co premio?

?Entendo que si. Estou orgullosa porque penso que hai que estudar. A base de non facer nada non se gaña nada.

?¿Xa sabe que estudos quere facer unha vez acabe o BAC?

?Non o teño claro. Tirarei pola Historia ou polas artes, me imaxino.

?¿Dedícalle moitas horas a estudar?

?Estudar estudio, pero non son desta xente que se pasa todo o día estudando. Eu traballo e dedícolle tempo antes dos exames, pero non lle dedico tantísimo tempo.

?Compaxina os estudos e a música. ¿En que se forma no Conservatorio de Música de Viveiro?

?Estudo piano e violín.

?¿E quédalle tempo para algunha outra afección?

?Gústame moito debuxar, ler sobre a Historia e coser.

?Non é moi habitual atopar a alguén da súa idade a quen lle guste coser...

?Bueno, tampouco é que cosa moi ben. Eu pásoo ben. Xa sei que é unha cousa un pouco extraña, pero a min gústame.