Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Guadi Galego presenta hoxe en concerto en Viveiro o seu novo disco, Costuras

marco pereira / s. c. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

XOAN A. SOLER

Será a partir das 22 horas no parque Pernas Peón, na Misericordia-Covas

16 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A cantante Guadi Galego estará hoxe á noite de concerto en Viveiro, dentro das actividades de verán propostas polo Concello vivariense. Dita actuación comezará ás 22 horas e celebrarase no parque Pernas Peón, en Covas.

«Neste concerto presentarei o meu último disco “Costuras”, mesturado con temas doutros discos anteriores», explica Guadi Galego a La Voz, quen tamén comenta que «vai estar toda a banda comigo, que é algo que levo facendo en todos os concertos desta xira».

Unha cita festiva importante neste día de San Roque, copatrón de Viveiro. Guadi Galego está a ter moi boa aceptación con este seu novo disco. Paga a pena achegarse esta noitiña ao parque da Misericordia-Covas, detrás do IES María Sarmiento.

Outro dato a destacar do concerto, é que será inclusivo para persoas con discapacidade, como

persoas con baixa ou nula audición: «No concerto as persoas xordas poderán gozar do concerto a través dunhas mochilas vibratorias -destaca a artista- permitindo gozar da actuación a este

colectivo, aínda que sexa de maneira distinta», afirma.

Este sistema foi usado xa en outros eventos tanto en Viveiro como en Galicia. O usuario pode regular a intensidade de vibración coa que quere gozar da música neste caso.

O concerto de Guadi Galego é dos poucos que foron incluídos no programa de verán e das festas, programa moi condicionado por esta situación de pandemia provocada pola covid. O concello viveirense optou por diversificar as actividades en distintos puntos ao longo do mes de agosto, mes de tempada alta e moitos visitantes.

Piden que se disfrute de las fiestas locales con responsabilidad estos días

Hoy es día de San Roque, la tradición llevaría a los jóvenes a amanecer de acampada en lo alto del monte después de una noche larga. Por eso desde el Concello de Viveiro y desde los demás concellos insisten en pedir responsabilidad ahora que prácticamente todos los municipios celebran en verano actividades de ocio. Lo pedía María Loureiro, quien insiste en que el mini Resurrection Fest va a ser seguro, no habrá acampadas, ninguna, y antes celebrarán junta de seguridad.

Diez concellos mariñanos están todavía con 300 casos covid activos, y hay que evitar volver a sumar casos para no estar constantemente en picos de máximos y mínimos con el perjuicio económico que esta situación causa a los sectores económicos.

Vecinos de Xunqueira se quejaban ayer en estas páginas del botellón en esa zona (y remitían imágenes de los restos del botellón en varias mesas de la zona recreativa).