O Enterro da Sardiña de Viveiro recoñece a Francisco Chao como «antroideiro maior» e a Paco Flo «por endulzar coas súas pícaras xenialidades»

VIVEIRO

A recepción de autoridades da festa tivo lugar a mediodía no balcón da antiga Casa do Concello
05 mar 2025 . Actualizado a las 14:11 h.O mércores de Cinza simboliza o final do Entroido e comezo da Coresma, e o Enterro da Sardiña serve de transición entre os dous tempos. Un dos máis emblemáticos da Mariña ten lugar en Viveiro, onde o grupo Esmorga, promotor da cita festiva, quixo render homenaxe neste 2025 a dúas das súas figuras emblemáticas. Coincidindo coa recepción de autoridades da festa, que tivo lugar a mediodía na Praza Maior e no balcón da antiga Casa do Concello, foron descubertas dúas placas. Unha dedicada a Francisco Chao Puentes, recoñecido como «antroideiro maior» e «viveirés de corazón», que foi colocada na fachada de Casa Chao, o ultramarinos familiar. A segunda recorda a Francisco Pérez Ben, máis coñecido como Paco Flo, e recentemente falecido. «Por endulzarnos a cotío coas súas ocurrencias e pícaras xenialidades».





A alcaldesa, María Loureiro, participou na recepción, que pola tarde terá continuidade co Enterro da Parrochiña (infantil), que dará comezo ás 18.30 horas na Rúa Pastor Díaz. Ás 21.00 horas terá lugar o Enterro da Sardiña na Praciña da Herba.