A GAÑADORA
15 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Se a alguén defendeu Teresa Moure nas sentidas verbas que ofreceu no Grove foi ás mulleres independentes e libres. Moure falou de Clara, a protagonista do seu libro, que é tan forte como unha árbore e abarca tantas pólas coma calquera carballo ou castiñeiro. A autora fixo unha envexable tarxeta de presentación do seu texto que rematou cun sonoro aplauso.