ENTREVISTA | Isidro
15 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.?an alá 23 anos dende que Isidro Fariña de la Torre abriu en Vilagarcía Os Arcos, adega comme il faut . Así que non imos agora descubrir a pólvora. Catro reformas van, e Isidro segue onde ten que estar. -Non se fai un peso, non se fai un peso, pero isto está cheo de xente. ¿Que pasa? ¿que a xente non paga, ou? -A xente paga. Aquí paga todo cristo. Os que non pagan son os do fondo perdido estes... -Así que se fai máis dun peso... -Non é para tanto. -O que si, tendo o auditorio aí diante, parará aquí moita farándula. -Algún vai parando. ¿Como se chamaba o chavalín aquel que bailaba en Antena 3? -¿Miguel Ángel Muñoz? -Ese. -¿Comeu? -Comeu. E bebeu tamén. Comer e beber é o deles. Ah, e aí andaba o Marat Safin. -¿O tenista? -¿E logo? Cortou xamón, e todo. -¿E? -Saberá de raquetas, pero de coitelos... -¿Quen máis vai parando por aquí? -Non me lembro, home. -¿Non hai alguén por aí ao que lle gustase dar de comer e beber? -Non me líes. -Non sei, unha Elsa Pataky da vida... -Ah, home, a esa si. -Vale, pero o que a xente non sabe é o segredo dos produtos de Briallos. -De Briallos son os tomates. Como os de Chicho, que son tipo pera ou bombilla. -Dan moita lus, xa que logo. -En serio, que son iraníes. -Iraníes si, o que pasa é que aquí haille moita festiña. -A festiña. Festiña hai a montes. Hai festeiros de carallo aquí. -Non será por vostede... -Hoxe, máis que festiña toca sestiña. -Veña, home, que xa cortará vostede uns cantos xamóns por ano. -Non o van crer, así que pon aí cincuenta, que lle chegan ben. Con pinzas. -Moi fino, si señor.