«Un sitio ao lado do mar é fantástico para ler»

La Voz

AROUSA

27 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Manuel Vázquez (A Illa, 1972) é economista, aínda que é máis coñecido por ser o alcalde do seu pobo, cargo no que leva xa nove anos e que non lle deixa moito tempo para ler.

: «Recomendaría La España Civil , de Gregorio Peces Barba, porque fai unha reflexión sobre a Transición, o Estado democrático, o Estado laico,... desde as distintas posturas. Reflexiona sobre as posturas de moita xente, desde Bobbio, Fraga, Solé Tura... e fai tamén unha reflexión sobre os pasos que hai que dar ata o desenvolvemento total da Constitución. Pero é un libro ameno, didáctico e que dá para o debate. Tamén é un libro para recomendar En busca del amor , de Eduardo Punset».

: ««Calquera sitio é bo, desde o salón da casa ata os cantís de Carreirón. Pero un sitio ao lado do mar é fantástico, en calquera praia da Illa».