Liu Junhui gaña o Memorial Jaime López, con Ñajo Padín cuarto

La Voz

AROUSA

08 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Con satisfacción regresou a expedición do Cambados Tenis de Mesa a pasada fin de semana logo da súa participación no Memorial Jaime López. A estrela do primeiro plantel arousán, o chino Liu Junhui, proclamouse campión da cita tras impoñerse ao xogador do Oroso Valery Malov.

Pola súa banda, o tamén xogador do Cambados Ñajo Padín finalizou cuarto na clasificación, con Nigel Webb superándoo no podio. Ñajo caeu nas semifinais ante o seu compañeiro Junhui.

Outro dos cambadeses desprazados a Ferrol, Fernando Padín, foi eliminado por Nigel Webb, mentres que Adrián Vidal quedouse no camiño á final superado por un Ñajo Padín que cada vez se atopa mellor despois da lesión que o mantivo no dique seco dous meses. Martín Regueiro, pola súa banda, foi segundo no cadro infantil.