Nunha xornada na que o Establecimientos Otero e o Caixanova de Cambados descansaron na División de Honra e na Primeira Nacional, o Liceo Casino acaparou a pasada fin de semana a atención do tenis de mesa comarcal.
No Grupo 1 da Primeira Nacional Masculina, o conxunto vilagarcián sumou a súa segunda victoria noutras tantas xornadas de Liga. Nesta ocasión, a domicilio a costa do Collosa, por un axustado 3-4.
Tras comezar gañando da man de José Luis Recuna, cun 2-3 ante o local Fernando García, e despois de poñerse 1-2 por diante mercede a Sergei Nigeruk, que superou 1-3 a Alejandro Hortal, o Liceo Casino víuse forzado a remontar o 3-2 co que se chegaba ao duelo de dobres. Nigeruk e Francisco Monroy acadaron o empate a 3 ante Libre Sancho e Alejandro Hortal, asinando Nigeruk o 3-4 definitivo na derradeira partida do Collosa-Liceo Casino, a que o medíu a Libre Sancho, cun 1-3 coma resultado.
Co seu triunfo da pasada fin de semana o cadro arousán figura colíder da súa Liga, con dous partidos gañados noutros tanto enfrontamentos. O seu filial, o Liceo Casino Sénior, pecha pola contra a Liga de Segunda Nacional co balance contrario.
Canteira do Cambados TM
Polo que respecta ao Cambados TM, na Primeira Nacional Feminina o Caixa Galicia superou con claridade, 5-1, o Avilés TM, con puntos de Gema Cores, Cristina Barreiro e Raquel Martínez. As dúas primeiras, por partida dobre.
Os outros resultados da canteira cambadesa foron, na Primeira Galega, Grupo Barros 5-2 Vincios Esypro; Joyería Enrique 2-5 CTM Lalín; CTM Lalín 7-0 Charol Complementos; e Diario de Pontevedra 3-4 Joyería Enrique. Na Terceira Galega, o Chinelas aplastou 6-1 o Cinania Morrazo.