-¿Que pensa de Zapatero?
-Co tempo recoñecerase o seu labor por España e o seu traballo polos dereitos sociais.
-¿E de Mariano Rajoy?
-Un apático que está esperando que caia maná do ceo.
-¿Entre Chacón e Rubalcaba con quen se queda?
-Co PSOE.
-¿...?
-A ministra xoga ben ao baloncesto.
-¿Que lle parece o candidato do BNG na Arousa?
-Carlos, coñézoo de sempre. Un rapaz normal e traballador.
-¿E o aspirante do PP?
-O mesmo que Rajoy, un señor que está esperando que soe a frauta e ao que o público lle interesa máis ben pouco.
-Defíname a Louzán.
-Un malgastador de cartos públicos en contra da eficiencia do público.
-E a Modesto Pose.
-Un gran candidato e futuro alcalde de Vilagarcía.
-¿Gonzalo ou José Juan?
-Ningún dos dous.
-¿Celta ou Deportivo?
-Home, Celta.
-¿Madrid ou Barça?
-Athlétic de Bilbao.
-¿Como se leva co cura párroco da Arousa?
-¿Con don Olimpio? Moi ben. Comigo sempre foi moi colaborador e atendeu canto lle pedín, mesmo un concerto na igrexa.
-¿Gústalle Justin Bieber?
-Non sei de que me falas. Ai si, o canadense millonario. Nada. Son un clásico, das guitarras de U2 non pasei. Simple Minds, The Smiths... É o que me vai.
-¿Cal foi o seu primeiro coche?
-Non tiven, foi o do meu pai, un Fiat 1, o Bichiño 1.
-¿Cantas teles ten?
-Unha, na sala, e chega ben.