«Non tiven na vida coche mellor que o Mini 1.000»

La Voz

AROUSA

12 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

-¿Que lle parece Zapatero?

-Unha lamentable paréntese na etapa democrática.

-¿E Mariano Rajoy?

-Unha persoa que vai traer sentido común e acougo á política cando acade a presidencia.

-¿Rafael Louzán?

-Un gran traballador.

-¿Modesto Pose?

-As circunstancias colocárono no sitio equivocado no momento equivocado.

-¿Gonzalo, o seu irmán?

-Coas súas virtudes e defectos, é unha persoa que dentro de moitos anos, cando deixe a alcaldía, terá marcado unha época en Vilanova.

-¿Tomás Fole?

-Ten toda a ilusión do mundo por ser alcalde de Vilagarcía.

-¿Se tivese que quedar con algo da Illa con que sería?

-Coa maneira de ser da xente, coa que teño unha magnífica relación. E coas súas paisaxes.

-¿Con que alcalde se leva mellor dentro da comarca?

-Lévome ben con todos, mesmo cos que non son da mesma cor política. Estou moi en contacto con eles, non diría ningún máis que con outro.

-¿Blanco ou tinto?

-Depende para que. Albariño forever, pero cada ocasión pide o seu e son magníficos os dous.

-¿Coñece a Justin Bieber?

-Pois si, é un rapaz canadense que saltou á fama por Youtube.

-Menos mal. É vostede o primeiro que acerta.

-Por forza familiar teño que estar ao tanto, pola miña filla.

-¿Unha obra de Valle?

-Luces de Bohemia.

-¿O seu primeiro coche?

-Un Mini 1.000, non tiven na vida un coche mellor.

-¿Cantos televisores ten?

-Tres, e o rapaz co ordenador.