Un exemplo dunha necesidade

Jesús A. Otero

AROUSA

22 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Dende un punto de vista biolóxico, a ameixa babosa ten un ciclo de vida de tipo «Estratega R» como se coñece en ecoloxía. Isto é: trátase dunha especie cunha tasa reproductiva altísima (cada individuo produce miles de gametos e fai ata 4 postas anuais) e a talla de primeira maduración sexual prodúcese antes de acadar os 20 milímetros de lonxitude. En sustratos adecuados prodúcese unha fixación larvaria moi alta, podendo superar amplamente o cento de xuvenís por metro cadrado. Se unimos isto a que ten a taxa de crecemento moi rápida, estamos ante unha especie que non necesita, a priori, dunha protección excesiva dos stocks.

A ameixa babosa é quizáis a especie de maior calidade da vianda (aínda que acada menos prezo que a ameixa fina pola súa fraxilidade e menor tamaño). O mercado ten unha certa demanda de tallas pequenas dalgunas especies como a babosa, pois é unha ameixa cunha talla e textura ideal para certos platos como son as «ameixas á mariñeira». Debido á imposibilidade actual de comercializar babosa menor de 38 milímetros, esta especie estase vendo desplazada por outras de menor calidade, como as chirlas e ameixas foráneas de importación. Neste sentido é necesario precisar que este tipo de medidas, deben ir acompañadas dun axeitado control da comercialización, pois do contrario pódese favorecer máis fácilmente a pillería de vender ameixa foránea de baixa talla como ameixa galega.

Debido a un control máis estricto no cumplimento da lexislación, as ventas de ameixa babosa diminuiron drásticamente. Por iso, dende o sector de marisqueo de O Grove acóllese esta medida de modo favorable e con ilusión. Aínda que levamos oito anos de retraso respecto da demanda do sector, seguimos pensando que a medida é necesaria, e esperamos que se recoñeza o esforzo realizado e o inmerecido das duras críticas que recibiron os mariscadores e confrarías por parte de certos sectores da Administración.

Por todo o exposto, confiamos en que a medida de baixar a talla legal se leve a cabo, e se continúe con outras propostas nesta liña de instauración de medidas de xestión máis lóxicas e acertadas, de cara a mellorar todo o posible un sector de tanta importancia socioeconómica.