«Será un gran acontecemento»

Nino Soto PONTEVEDRA / LA VOZ

AROUSA

Rafael Louzán e a mascota da Volta, nun dos xardíns do Padroado de Turismo Rías Baixas.
Rafael Louzán e a mascota da Volta, nun dos xardíns do Padroado de Turismo Rías Baixas. mónica irago< / span>

Louzán pide a presencia do público para dar colorido ás rúas e ás estradas

18 ago 2013 . Actualizado a las 06:58 h.

Rafafel Louzán di que todos os elementos están no seu sitio para que comence a Volta Ciclista a España. Agarda que «non falle nada», e destaca que a saída da rolda española dende unha batea servirá para promocionar o mexillón galego e todas as Rías Baixas. No plano deportivo, o presidente da Deputación ten aos seus favoritos: Joaquim Rodríguez, Purito, Alejandro Valverde e Samuel Sánchez.

-¿Que importancia ten ser o punto de saída da Volta a España?

-Vilanova é o punto de referencia, pero isto abarca moito máis, incluso maís que a propia provincia de Pontevedra. É unha saída dende Galicia. Creo que fixemos unha boa aposta pola Volta para a promoción da provincia é das Rías Baixas. A só uns días do inicio da carreira, vese o traballo de meses, o traballo de máis dun ano, para chegar ata aquí. Só estamos pendentes de que sexa un éxito para a promoción de Galicia. Será un gran acontecemento. Pedimos a presenza de público. As imáxenes serán espectaculares coa presenza do público nas rúas de todas as localidades por onde pasará o pelotón nas etapas das Rías Baixas. Ogallá o público vibre nas estradas e lograremos sacar o mellor de Galicia: a súa xente o as súas paisaxes.

-O ano pasado, os organizadores da Volta quedaron abraiados coa cantidade de público que se congregou a pe das esteradas.

-Si é certo. Foron os éxitos máis importantes, incluíndo o éxito deportivo. A competición foi espectacular, só hai que recordar a etapa contra o reloxo de Cambados. Foi brillante.

-¿Quen ou quenes foron os ideólogos do tema da batea?

-A batea foi un elemento que o ano pasado tivo unha certa discordia. E en ocasións, da discordia saen boas ideas.

-¿Que sucedeu?

-Durante unha das etapas do ano pasado, os comentaristas dixeron que había tamén público vendo ao pelotón nos barcos preto de bateas. Logo alí, entre os comentaristas xurdiu a dúbida de que é unha batea, que significa e que se produce nelas. Entón pensamos como podíamos facer para promocionar un produto como é o Mexillón de Galicia.

-¿Como foi o proceso?

-O mesmo día da saída da etapa de Vilagarcía do ano pasado, Javier Guillén (director de Unipublic, empresa organizadora de la Vuelta) e máis eu fumos ás sete da mañá nun barco a ver unha batea. Vimos unha batea, explicáronnos os pesos que podería sustentar, e dende ese momento puxémonos a traballar. A metade de camiño decidimos que fose unha batea o escenario de saída para enseñar as rías, promocionar o mexillón. E logo inflúe a reordenación perfecta do porto de Vilanova e unha rampa que nos permite saír en pleno corazón do casco urbano da terra do insigne Valle-Inclán.

-¿Paga a pena facer estas inversións dende as Administracións?

-Por suposto. E cando se fai unha aposta e unha inversión así o que se pensa é como se vai rentabilizar esa inversión para a sociedade. Os datos están aí, e este ano veremos todo unha vez rematen as etapas da Volta. Polo momento, a ocupación nesta semana é case completa, e estará completa ata o 31 de agosto. Son ingresos importantes que se quedan nas Rías Baixas, que é o que buscábamos.

-¿É Rafael Louzán un afeccionado ao ciclismo?

-Son un seguidor do ciclismo. Cando podo vexo a Volta e o Tour, e algunha etapa do Giro. Son un seguidor, aínda que me gustaría adestrar máis a bicicleta. E logo tamén temos un seguidor nato deste deporte, coñecedor da materia, que é o presidente do Goberno. Trasladoume que o ano pasado tivo unha comida cun mandatario europeo e tan pronto rematou o xantar, incorporouse para ver a etapa Ponteareas-Sanxenxo, a máis bonita do ano pasado.

-¿Falou vostede con Mariano Rajoy sobre a saída da Volta dende a batea, de Galicia?

-Si claro, sempre falamos destas cousas porque é moi afeccionado ao ciclismo. Admira aos deportistas que en definitiva fan a maxia deste deporte.

-¿Que lle falta a Galicia para ter un equipo profesional?

-É una boa pregunta, pero eu non podo dar unha resposta axeitada. Galicia tivo un equipo profesional que rematou en fracaso. Agora, gustaríame que tivesemos un clube profesional, pero temos referencias como o Supermercados Froiz, un clube afeccionado que fai as cousas moi ben. Aspirar a outra cousa non é doado. Nós o que buscamos coa Volta é o elemento promocional.

-Un escenario ideal.

-Nesta ocasión entrarase, e sairase, de todas as rías. Sobre todo, visitando a comarca do Baixo Miño. Pero todos os marcos foron ben escollidos e as tres cidades están aí, presentes. Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Como dixo un emigrante o ano pasado cando vía a Volta en directo diante do televisor: ?Que bonita e miña terra vista dende arriba?. É unha sensación que me impactou de verdade.

«Sempre falo con Mariano Rajoy de ciclismo porque el é un afeccionado e admira aos seus deportistas»

rafael Louzán presidente da DEputación de pontevedra

«A batea foi un elemento que o ano pasado tivo certa discordia. E da discordia saen

boas ideas»

«Os marcos foron ben escollidos e as tres cidades están aí, presentes: Pontevedra, Vigo

e Vilagarcía»