«Non comulgo co sistema neoliberal, non funciona»

enrique huetos CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Alcumada como «a Sabina galega», actúa esta noite xunto con Santiago Auserón no ciclo «Os Xoves de Códax»

07 ago 2014 . Actualizado a las 06:53 h.

Chámase María Xosé Silvar, pero é coñecida artisticamente como Sés. Esta cantautora coruñesa actúa esta noite en Cambados xunto con Santiago Auserón -Juan Perro-, un evento para o que rapidamente se esgotaron as entradas.

-Pasou xa moito tempo dende que coñecera a Auserón, ¿como afronta o concerto desta noite?

-Vai ser a primeira vez que canto con el. Estou contenta, é unha persoa xenial no máis amplo sentido do termo.

-É a súa terceira vez na terraza de Martín Códax. ¿Como é o público de Cambados?

-O pobo acolleunos moi ben, é moi caloroso. A terraza tén un rollo moi especial xa que ao ser pequena estamos máis próximos ao público.

-Din que ten influencias da música americana pero cantada en galego e modernizada.

-Realmente non se trata de modernizarla senón de expresarse. Eu de sempre, logo de escribir unha canción, engádolle a música que me suxire: Rock and roll, blues, e outros.

-¿Que estivo a facer nos últimos tempos?

-De concerto en concerto. E ao mesmo tempo estiven preparando o meu terceiro disco. Temos moita sorte de poder traballar, nese senso.

-¿Como será?

-Estará na mesma liña dos anteriores. Diferenciarase en que está escrito nun momento diferente da miña vida. Hai cancións de amor, de desamor o de enfado.

-¿Enfado pola crise?

-Enfado polo sistema político-económico xenocida. Non comulgo co sistema neoliberal, creo que non funciona.

-¿No lle dá medo facer un tipo de música non tan comercial nestes tempos?

-Canto na lingua na que penso e soño. Tocamos en Madrid ou Londres e non tivemos problema. Este tema importa máis en Galicia polos prexuízos.

-¿Bota de menos os tempos en «Chámalle Xis!»?

-Foi unha etapa bonita pero agora canto en primeira persoa e non é compatible cunha banda. Pero gústanme as dúas cousas.

sés cantante