Será dentro da campaña Galicia Calidade, na que participan tamén os sumilleres, José Luis Aragunde y Eulogio Pomares
10 dic 2014 . Actualizado a las 13:48 h.A campaña Galicia Calidade en ruta achégase mañá a Cambados, na praza do Concello, a partir das 12.00 horas, por medio dun camión adaptado onde o chef cambadés Yayo Daporta protagonizará unha exhibición de cociña (showcooking) con produtos do país. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, serán os sumilleres José Luis Aragunde e Eulogio Pomares, terceiros nun concurso mundial de catadores celebrado na rexión de Champagne (Francia), os que dirixan unha cata comentada de viños.
Antes, ás 11.30 horas, no mesmo trailer de Galicia Calidade, o alcalde, Luis Aragunde, xunto con representantes das adegas e depuradoras participantes, presentarán a terceira edición da cata e maridaxe dos viños escumosos da denominación Rías Baixas coas ostras de Cambados. Este evento vaise celebrar o vindeiro domingo 14, a partir do mediodía, no salón de congresos Peña.