O El Olivo penalizou dous graves erros defensivos do conxunto vilagarcián nos derradeiros minutos da primeira parte
20 oct 2015 . Actualizado a las 05:05 h.Co El Olivo de Vigo é o mellor equipo de fútbol feminino de Galicia é unha evidencia desde hai anos. En todo caso, o pasado domingo o líder do Grupo 1 da Segunda División, a categoría de prata española, encargouse de recordarllo cunha goleada ao Atlético Arousana: 7-1.
O empate a uns no marcador no minuto 25, con Belén sorprendendo a gardamallas viguesa nunha falta na que colou o coiro pola escadra para reestablecer a igualada inicial, foi a recompensa a 35 bos primeiros minutos do conxunto vilagarcián. Pero dous erros garrafais nos minutos 37 e 39 supuxeron o comezo do fin para un Atlético Arousana que se foi abaixo ao encaixar o 4-1 tras o descanso.