Julio Suárez chega colíder á derradeira xornada do Internacional Ramón Escudeiro

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O xogador do C.X. Fontecarmoa sumou onte 1,5 puntos e figura empatado a 6 con catro Grandes Mestres

30 dic 2015 . Actualizado a las 12:32 h.

Un punto e medio sumaba onte o sanxenxino Julio Suárez nas dúas roldas da terceira e penúltima xornada do Torneo Internacional Memorial Ramón Escudeiro Tilve de Pontevedra. Un punto e medio que lle vale para manterse na cabeza da clasificación, nun quíntuple empate a 6 puntos de 7 posibles con catro dos seis Grandes Mestres que están a elevar o nivel desta cuarta edición do campionato da cidade do Lérez, o arxentino Alejandro Hoffman, o letón Ilmars Starostits, o israelí Michael Oratovsky e o serbio Dragan Paunovic. Os dous primeiros, asinando táboas na sétima rolda da mesa 1.

Julio Suárez arrincou a xornada coas súa segundas táboas consecutivas ante un Gran Mestre. Nesta ocasión, xogando en horario matinal con brancas fronte a Oratovsky. Pola tarde o cadro deparoulle un enfrontamento con negras con Jesús López Rivera, sen titulación, e tras unha longa partida de case catro horas o xogador do C.X. Fontecarmoa alzouse coa vitoria.

Hoxe, as dúas derradeiras roldas que decidirán o nome do campión en Pontevedra.