O club catoirense pon así a guinda á súa extraordinaria primeira tempada de existencia
12 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.No seu primeiro ano de existencia o Kennel Den xa figura como referente do canicrós galego, e coma o segundo club do estado con máis preseleccionados co equipo nacional español para os campionatos de Europa sobre terra deste ano. O organizado pola I.F.S.S., a Federación Internacional de Deportes de Cans de Trineo, a finais de novembro en Norfolk, Gran Bretaña, e o da E.C.F., Federación Europea de Canicrós, a mediados de outubro en Novo Mesto, Chequia.
O propio club catoirense informaba onte da boa nova, desvelando os nomes do vilagarcián Gumersindo Martínez, na categoría de veteráns, do pontecesureño José Miguéns, en júnior, do vigués Óscar Piñeiro, en elite masculino, e da súa presidenta, a vikinga Mónica Touriño, en elite feminino. O perfecto colofón a unha brillante tempada de estrea do Kennel Den no panorama do mushing.