«Hai que opoñerse a extinción da identidade galega»

AROUSA

. sandra alonso< / span>

Ses actúa hoxe no Auditorio de Mar de Vigo

04 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Auditorio do Mar de Vigo • 21 horas • Hoxe, Vigo recibe a María Xosé Silvar, Ses, que chega con Opoñerse á extinción, o seu cuarto disco.

-¿Como se sente unha artista capaz de colgar en Galicia o cartel de «non hai entradas»?

-Pois moi ben porque iso é o único que me importa e o que me fai máis ilusión. Ver que a xente me quere ir ver é o que me move.

-No disco reclama que hai que opoñerse á extinción... ¿Da lingua galega? ¿Ou de algo máis?

-Creo que hai que opoñerse a extinción da identidade humana solidaria fronte a unha humanidade que estase a converter nun mundo de seres psicópatas sen empatía para os seus conxéneres. E, tamén, por suposto, opoñerse á extinción da identidade galega, que esmorece xunto coa nosa lingua.

-¿Como podemos evitalo?

-Tería que haber un cambio político, non só autonómico, senón tamén central. E a cidadanía tería que concienciarse de que unha lingua que non falan os nenos é unha lingua que morre. Perder a nosa identidade por autoodio é o mais cateto que hai.

-¿Seica andamos faltos de amor propio os galegos?

-Por suposto. E iso é así porque nolo inculcaron a través dunha educación baseada nunha asociación entre a incultura e o galego. Paréceme algo absurdo, porque hoxe en día gran parte dos galegofalantes son persoas tituladas e con carreira. Falar en galego segue sendo sinónimo de menos nivel cultural e iso é ridículo. Non ten razón de ser.

-Aínda que sigue sendo moi guerrilleira, este disco parece máis alegre que o anterior.

-Iso é porque no disco hai cancións de diferentes etapas e tamén porque quizais no anterior traballo estaba moi enfadada. Foi unha época cun bombardeo incesante de noticias inxustas e atroces e por iso tal vez saíume un disco cun ton máis agresivo. Agora, aínda que sego a ser moi crítica, tiña gañas de facer un traballo cun aire máis fresco, máis alegre. É un furacán, pero un furacán de ledicia porque penso que é algo que precisamos. Entre todos podemos facer unha sociedade máis feliz.

-¿De que maneira?

-O que está impedindo isto é unha xestión pésima dos recursos. Una xestión delincuente. Aquí se permite roubar a quen lle dea a gaña sempre que estea en determinadas filas políticas... E a

ti, en cambio, por non ser un Undargarín, por saír a rúa e queimar unha bandeira métenche dez anos de cárcere.