Carlos Paz é o novo adestrador de clases olímpicas da Federación Galega

AROUSA

MARTINA MISER

Traballará de partida con 5 tripulacións, incluída a da ouro en Londres 2012, Sofía Toro

01 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O vilagarcián Carlos Paz é desde hoxe novo adestrador de clases olímpicas da Federación Galega de Vela. Un posto que nos cinco últimos anos viñan desempeñando como parte das súas funcións globais os sucesivos responsables do Centro Galego de Vela, o vigués Alberto García e o actual director técnico, o tamén arousán Bruno Gago, despois de cesar no cargo Toni Otero ao termo do ciclo olímpico que levou aos Xogos de Londres 2012.

Bruno Gago explicaba onte que «nuestros regatistas más jóvenes necesitan ayuda específica» para arrincar nun mundo tan competitivo como o das clases olímpicas. Máxime, cando o obxectivo da incorporación de Carlos Paz é facer avanzar os respectivos proxectos de cara á súa clasificación para os Xogos Olímpicos do 2024, comentan desde o CGV.

Falamos das cinco tripulacións galegas de 470 e de 49er do Programa de Alto Rendemento da Federación Galega de Vela que non figuran nos actuais equipos nacionais. Un grupo que encabeza a patroa coruñesa Sofía Toro, que esta semana anunciou que voltará facer equipo coa asturiana Ángela Pumariega para tentar reeditar no 470F o seu éxito dourado no Elliot 6m en Londres 2012. Neste caso, con Carlos Paz traballando con elas só cando se atopen en Galicia.

Os que si se prepararán ao 100 % baixo a supervisión de Carlos Paz son Andrés Álvarez (Bueu, 19 anos) e Pablo García (Pontevedra, 17), nun 470M; e no 49er Luis Bugallo e Jorge Lorenzo (Vigo, 22 anos), Marcos Fernández e Pedro García (Portosín, 17 anos), e na clase feminina, a FX, Patricia Suárez (Vigo, 22 anos) e María Solla (Poio, 20 anos). As dúas últimas, nun dos barcos que Carlos Paz e o seu irmán Antón empregaron nos seus sete anos de pelexa por representar a España nos XX.OO. As catro tripulacións debutan nas súas clases.

«Contar con Carlos es una suerte y un placer. Se encargará de la preparación completa de los regatistas, su planificación, preparación física, preparación psicológica, entrenamiento en el agua y desplazamiento a regatas. Nuestro principal objetivo es que entren cuanto antes en el equipo nacional», resume Gago, que resalta que «esta es una clara apuesta de la Federación Gallega por las clases dobles y los barcos rápidos».

Carlos Paz, que acumula no seu currículo como patrón un ciclo olímpico en 470 co noiés José Manuel Pérez e dous en 49er, comentaba onte que «Bruno Gago me dijo que necesitaban un entrenador de clases olímpicas», e el conta co que máis precisan os novos valores da vela galega, a guía dalguén con experiencia na materia. Carlos deixa a dirección do equipo de 420 do Real Club Náutico de Sanxenxo, pero «espero seguir echándoles una mano, sobre todo si aumenta la flota».