Novos e ascendentes tempos

Francisco Meis

AROUSA

13 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

AToxa precisaba dun cambio profundo no papel que lle tocou desempeñar neste século XXI adaptándose a un mercado económico e social que demanda novos horizontes. O seu tan renombrado declive, do que se fixo eco nos últimos tempos, rubricou unha vez mais un pasado cheo de glamur e turismo de elite de épocas xa moi afastadas.

O espertar, ou o punto de inflexión a partir da creación da Sociedade A Toxa en 1903, superou as décadas de guerras societarias entre os condueños do Balneario, impulsando unha liña ascendente que alcanzou unha das súas mellores épocas a mediados do século XX coa xerencia do omnipresente Tarilonte.

A actualidade

A actualidade dista moito daqueles tempos, e como un Eterno retorno nitzscheniano, os actuais albíscanse novos e ascendentes. O investimento privado, o liderado e a capacidade empresarial e de xestión, non nos enganemos, son as únicas forzas motrices que volverán sacar á illa das súas horas baixas e, unha vez máis, terán que vir de fóra.

O equipo directivo que abandeira Guillermo Navarro marcou obxectivos e realidades que xa forman parte desa nova época, uníndose indisolublemente, á senda que xa iniciou hai uns meses a dirección de Javier Basagoiti coa compra do Beach Club.

O que queda

Quédannos pendentes o Pavillón de Congresos e o vello Balneario que, estou seguro, non tardarán en sumarse nos próximos anos, ou meses, a un futuro prometedor que xa se empezou a escribir.