«Construímos muros en vez de tiralos»

Daniela De amorín / m. a.

AROUSA

XOAN CARLOS GIL

Guadi Galego inicia unha intensa axenda que a leva hoxe a Martín Códax. Tamén actuará este verán no Albariño e nas festas do Apóstolo.

05 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Guadi Galego comezou a súa andadura na música no grupo folk Berrogüetto, pero en 2009 decidiu emprender a súa carreira en solitario. Hoxe en día xa é todo un referente da música galega.

-¿Cómo foi ese cambio?

-Pois é algo que forma parte do proceso de formación no ámbito persoal e profesional. Era o momento de asumir a responsabilidade de liderar o meu proxecto.

-Este ano estreou o seu cuarto álbum «A bola de cristal» ¿É unha continuación de o disco «O mundo está parado»?

-Máis ben forma parte dunha triloxía xunto cos dous anteriores cedés e amosa como me gustaría que fose o mundo: máis humano, sen fronteiras...

-¿Cree firmemente no compromiso social e político dos artistas?

-É algo social que vai máis alá de ideoloxías. Parece que queremos construír muros en vez de tiralos abaixo e nos esquecemos da pluralidade. Esta Europa que nos venderon é unha mentira porque resulta que case facemos campos de concentración de refuxiados.

-¿Pecha portas o feito de cantar en galego o pode incluso chegar a ser unha vantaxe?

-Saír de Galicia é moi difícil e cantar nunha lingua minoritaria tamén. Pero é certo que a diferenza ao final non é mala.

-Hoxe actúas nas adegas Martín Códax.

-Si, faime moita ilusión facer esta colaboración con Iván Ferreiro.