Aprendendo o valor dos topónimos e como atesouralos

AROUSA

MARTINA MISER

12 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), imparte esta mañá, desde as 10.45 horas no IES Francisco Asorey de Cambados, unha charla divulgativa dentro do programa «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra». Coordinada pola propia RAG, e coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a iniciativa busca falarlles aos veciños da importancia da toponimia galega do seu lugar, o seu valor como patrimonio cultural, e como chave para entender o significado do mesmo.

Ademais, ensinaráselles aos asistentes a aplicación que pronto permitirá a calquera deles participar na preservación e na difusión da microtoponimia, e consultala xeorreferenciada no novo portal da Toponimia de Galicia.

Hoxe • Desde as 10.45 horas • De balde • IES Francisco Asorey de Cambados •