O Grupo Galeoska expón no Gato Negro de Carril

La Voz

AROUSA

16 dic 2019 . Actualizado a las 22:50 h.

Ata o 11 de xaneiro • Asociación Gato Negro de Carril • A Asociación artística O Gato Negro de Carril acolle unha mostra de pintura, fotografía e escultura do Grupo Galeoska (Galegos Koa Arte). Este colectivo foi fundado por dous artistas, Martina Bugallo (Brión) e Sergio Ribeiro (Vilagarcía), que ao longo do ano desenvolven diversas actividades artísticas e culturais, entre elas as exposicións colectivas dos seus membros. Nesta mostra, comisariada pola artista local Mavi Castañeiras, podense atopar, en pintura, obras de

Abel Barandela, Ana Cancela, AnetadoCamilo, Angélica Conde, Berta Lima, Bugallo, Carmen Taboada, Carmen Sampedro, Castrolara, Esther Molinero, Josecho González, Manuel Boullosa, María José Rodríguez, Mavi Castañeiras, Pepa Mariño, PhOR, Sergio Ribeiro, Sou Too e Teresa Caramés; en fotografía, de Andrea F. Maneiro, Eduardo Rivo e MJ Bolboreta; e en escultura, de Bernardo Seoane. A visita á mostra é gratuíta, ata o 11 de xaneiro, en Carril.