A Illa recolle as propostas dos docentes para a Axenda 2030

AROUSA

MONICA IRAGO

Os profesores fixeron as súas propostas para o proxecto de transición enerxética

02 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello da Illa está inmerso nun proxecto europeo para facer deste municipio un territorio máis sostible e respectuoso co medio ambiente. Para elo debe abordar un plan de transición enerxética -a Axenda 2030-, que está a deseñar coa contribucións de diferentes colectivos e que será sometido á avaliación dos coordinadores do proxecto o vindeiro maio.

Onte foi a quenda dos profesores, que foron convocados a unhas xornadas celebradas no auditorio co fin de facer unha diagnose da situación dos centros educativos do municipio e unha aposta en común sobre o que se pode facer na loita contra o cambio climático. Hai moitas medidas sobre a mesa: optimización dos consumos de electricidade, calefacción e auga e, no eido educativo, promover nos nenos hábitos relacionados coa reciclaxe e o consumo responsable.

Nestas xornadas participaron arredor de vinte docentes chegados da propia Arousa, pero tamén doutros concellos da comarca.