Grandes sensacións de Lara Lois na súa estrea, terceira española na Super Cup Massi
AROUSA
A británica Evie Richards, campioa do mundo de ciclocrós Sub-23, foi a vencedora
25 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.A británica Evie Richards, campioa do mundo de ciclocrós Sub-23, a estadounidense Haley Batten, subcampioa mundial de teamrelay, e a compatriota da primeira Annie Last, subcampioa do Mundo no 2017. Estas foron a vencedora, a segunda e a terceira clasificadas, respectivamente, da Super Cup Massi, a proba de cross coutry (XCO), a modalidade olímpica, disputada o pasado sábado na localidade catalana de Banyoles. Un podio que dá conta do extraordinario nivel dunha carreira de categoría Hors Class, a inmediatamente inferior á Copa do Mundo. E alí estaba a biker grovense do Extol MTB Team de Lalín, Lara Lois, que na súa primeira cita oficial da tempada conseguía completar o duro circuito de 6,5 quilómetros no posto 34 do sobranceiro pelotón feminino, e como a terceira mellor das 16 bikers españolas que deron atravesado a meta., cun crono de 1.32.50.
Lois, que esta tempada quere centrarse fundamentalmente na modalidade de XCO en detrimento do maratón, di que «me atopei bastante ben, e divertínme moito. Foi unha experiencia incrible».