As augas do Grove serviron o pasado domingo de escenario da sétima edición da competición
19 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.As augas do Grove serviron o pasado domingo de escenario da sétima edición da Lanzada Ocean Race Internacional In Memorial Nacho G. Dobarro. Unha proba que este ano contou cun gran nome do piragüismo como gañador, na modalidade de SS-1. O cangués do Ría de Aldán Carlos Pérez, Perucho, campión olímpico no K2 500 nos Xogos de Pekín 2008, aquel ano con licenza federativa polo Náutico O Muíño de Ribadumia. O seu tempo na proba meca, 26 minutos e 36 segundos. Javier López, do Piragüismo El Sella, e Francisco Piqueiras, do Piragüismo Viveiro, acompañaron no podio da sétima Lanzada Ocean Race Internacional á parella de Saúl Craviotto no primeiro metal olímpico do kayakista catalán.
O palmarés da proba incluíu no 2020 os nomes de José Antonio Roel e de Juan Vázquez, do Náutico Miño, vencedores na categoría de SS-2, do zamorano Óscar Vaquero, na de SS-1 Veterano, de Jesús Pérez, do Piragüismo Aldán, na modalidade de OC-1, e de Carlos Besada, do Náutico Portonovo, na de paleo a pé.
Por equipos, o triunfo foi para o Club Kayak Vigo, acompañado no podio polo Náutico de Miño e mais polo Piragüismo Olívico.