Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Valga abre o concurso de fotografía sobre a anguía, a caña e o camiño

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O certame desenvolverase a través de Facebook e Instagram

20 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As actividades vinculadas ao Agosto Grastronómico de Valga xa deron comezo, coa apertura do concurso de fotografía sobre a anguía, a caña do páis e o Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. O prazo de presentación de imaxes ficará aberto ata o 1 de agosto. Para participar é preciso publicar as fotografías en Facebook ou Instagram, etiquetando a @valgagastronomica e empregando as palabras clave #valga_anguia, #valga_caña ou #valga_camiño.

Os requisitos son ser maior de idade e presentar un máximo de tres obras, que deberán ser orixinais e inéditas. Calquera das variantes do Camiño, dende o Portugués ata o Portugués da Costa, pasando pola ruta marítimofluvial son susceptibles de ser fotografiadas.

O xurado estará composto por cinco membros, que atenderán criterios coma a creatividade e a calidade técnica. Haberá tres premios, un por cada categoría, consistentes en lotes de produtos galegos valorados, cada un, en cen euros. O fallo darase a coñecer o 28 de agosto, con motivo da triséxima edición da Festa da Anguía e Mostra de Caña do País.