David Fernández e Ana Ferro volven co bronce do Campionato Galego Escolar

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Judo Club Pontevedra

Boa actuación dos deportistas arousáns na proba de Lugo

21 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O judo arousán regresou o pasado sábado do Pavillón Municipal de Lugo con tres medallas do Campionato Galego Infantil e Cadete. Nesta última categoría, o deportista do Judo Club Pontevedra-Squash Vilagarcía David Fernández colgouse o bronce na categoría de menos 50 quilogramos, no que foi o seu regreso tras moitos meses sen competir.

Os seus compañeiros do Squash Vilagarcía Leyre Villamediana, en menos de 57 quilos, e Ángel Vieira, en menos de 73, quedaron ás portas das medallas, con cadanseu quinto posto. Anxos Abad (-52 quilos) e Irene González (-63) remataron sétimas dos seus pesos. Os cinco, dirixidos polos técnicos Sabela Bernárdez e Juan Alberto Rodríguez e co tamén integrante do Squash Vilagarcía Fran Miguéns integrando desta volta no equipo arbitral do campionato.

Pola súa banda, o Judo Club Senín de Cambados celebrou na categoría infantil a medalla de bronce de Ana Ferro en máis de 63 quilogramos. O seu compañeiro de club Rubén Fernández foi quinto en menos de 66 quilos.