SEA pechou o 2021 con sete novas parcelas adxudicadas no polígono de Baión
AROUSA
O parque vilanovés concentrou o 22,5 % dos metros cadrados colocados durante o ano pasado pola sociedade estatal
14 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.O 2021 rematou convertido nun ano histórico para Suelo Empresarial del Atlántico (SEA). Así o cualificou onte a xerente da sociedade estatal dependente do Ministerio de Transportes, a ferrolá Beatriz Sestayo, no seu balance de xestión. E se foi así é en medida importante pola capacidade para ampliar o nivel de ocupación do polígono vilanovés de Baión.
Así, durante o pasado ano, SEA conseguiu adxudicar 17 parcelas no parque arousán, que suman unha superficie total de 45.138,26 metros cadrados. Concretamente, foron sete parcelas adquiridas por Sogama, tres por Conservera Gallega e a restante por Soaga, esta última firma, xa presente no polígono. Deste xeito, Baión supuxo o 22,5 % do total dos 200.000 metros cadrados adxudicados por SEA nos seus parques no 2021, e o 14,9 % das 47 parcelas colocadas entre as súas bolsas de solo industrial en Monforte de Lemos, Rábade, A Laracha, Cee, Rianxo, Vimianzo, Muros e Baión. Pola contra, a sociedade estatal non foi quen de ocupar novo espazo en Catoira, como tampouco en Malpica, A Pobra do Caramiñal, Mondoñedo e Chantada.