O luns proxectarase unha película para os colexios e darase lectura a un manifesto
19 mar 2022 . Actualizado a las 17:58 h.Cambados vai conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra este luns, con varias propostas. Proxectarase en dúas sesións a película Valentina no auditorio da Xuventude para o alumnado dos colexios cambadeses e darase lectura a un manifesto na praza Dolores del Valle, acto ao que acudirán os concelleiros de Cultura e Servizos Sociais e representantes da Asociación Down Xuntos Pontevedra e da Federación Down Galicia.
«O Concello de Cambados é unha administración socialmente comprometida coa procura dunha sociedade máis diversa e inclusiva, e por iso non pode deixar de dar visibilidade e apoio ás persoas con síndrome de Down, conmemorando este día tan especial para elas», segundo indica o edil Tino Cordal.