O pregón da cita gastronómica corre a cargo do gañador do premio Ferro Couselo

s. rey / s. g. VALGA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

27 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Anxo Rodríguez Lemos, licenciado en Historia e doutor cum laude pola Universidade de Santiago de Compostela, é o gañador do premio de investigación Xesús Ferro Couselo, convocado polo Concello de Valga. Por ese mesmo motivo, o historiador foi escollido como pregoeiro da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, e pronunciará o seu discurso hoxe ás oito da tarde.

—Que significou para ti gañar o premio Xesús Ferro Couselo?

— É unha honra porque é un premio que ten moita traxectoria en toda Galicia; na propia Facultade de Historia, pois xa é case tradición presentarse ao premio. Ademais, cando che conceden un galardón así, están recoñecendo a túa traxectoria investigadora e, ao mesmo tempo, recoñecendo o traballo que, neste caso, se plasmou en escrito.

—Como te sentiches ao ser convocado como pregoeiro na Festa da Anguía de Valga?

— Pois foi algo curioso porque eu nunca fun pregoeiro. Si que presentei festivais e cousas máis lúdicas, pero cando me chamaron para comunicarme que ía ser o pregoeiro da festa, pois foi unha honra porque estiven vendo os de anos anteriores e semella que rompo un pouco o esquema respecto aos outros.