Mariscos Antón Cortegada-CB Arxil, o gran derbi xógase en Fontecarmoa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Os dous equipos chegan empatados a dúas vitorias

29 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A quinta xornada da Liga Femenina 2 regala hoxe ás afeccións do Mariscos Antón Cortegada e do C.B. Arxil un partido convertido cos anos no gran clásico galego da categoría. Un duelo de rivalidade, alimentado nos enfrontamentos mantidos polas canteiras dun e doutro club e pola presenza de xogadoras da casa nos dous vestiarios. O primeiro asalto na competición regular toca en Vilagarcía, co partido programado a partir das 19.30 horas no parqué do pavillón municipal de Fontecarmoa.

Os dous equipos chegan ao choque co mesmo balance de vitorias e derrotas, 2-2. A diferenza vén polas súas secuencias. Así, o anfitrión encadeou os seus dous triunfos dunha tacada na primeira fin de semana da Liga, derrotando 81-53 o Maristas Coruña e 59-46 o Costa de Almería un día despois, tras gañarlle este 75-77 ao Arxil; logo o Mariscos Antón perdeu por axustadísimos marcadores co Bosonit Unibasket (51-50) e co Magectias (55-51). O C.B. Arxil, pola contra, venceu 55-65 o León e 109-65 o RACA Granada nas dúas últimas xornadas, tras caer no partido apuntado co Costa de Almería e despois co Magectias, 52-46.

Logo de perder, por resultados curtos, os seus dous partidos de pretemporada co Arxil, o adestrador do Cortegada, Javi Nogueira, salientaba onte a gran fortaleza reboteadora do seu rival, sustentada no feito de que, di: «Son el equipo con más físico de la Liga junto al Santander». Unha fortaleza que aproveitan tamén, sinala, para ser o conxunto que máis tiros libres lanza, froito do moito dano que fan preto do aro coa estadounidense Forster e Nerea Liste, pero tamén coa súa parella de exteriores, formada pola montenegrina Glomazic e a macedonia Trajchevska.