O teatro regresa ao auditorio coa comedia «A resurrección de Nuno»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

cedida

A comedia tomará o escenario este sábado, 4 de marzo, en Vilagarcía

01 mar 2023 . Actualizado a las 12:42 h.

Unha comedia postmortem. Así define a compañía De Ste Xeito o seu último espectáculo: Backup. A resurrección de Nuno, que se poderá contemplar o sábado, 4 de marzo, no auditorio de Vilagarcía.

A través dun humor ácido, a obra formula unha proposta digna da ciencia ficción que, pporén, está xa a tocar a nosa porta: devolver a vida a un finado a través dunha intelixencia artificial e, sobre todo, as consecuencias que algo así pode ter na súa familia.

A representación forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que o Concello de Vilagarcía convenia co ente autonómico Agadic. Esta é a razón de que a entrada poida ter un prezo reducido, cinco euros, que ficará en tres para os colectivos de persoas maiores, os desempregados e os titulares do Carné Xove.

As butacas poden adquirirse a través da web de ataquilla ou o mesmo día da función, na billeteira do auditorio municipal, a partir das seis e media da tarde. A función comeza ás 20.30 horas.