
O de Leo Bassi é un dos nomes que encabezan este ano O Festaclown 2023, un programa do Concello de Vilagarcía promovido pola asociación Culturactiva que organiza unha acción formativa para aprender desta icónica figura do clown internacional. O curso «Na procura da identidade cómica» terá lugar os días 13 e 14 de agosto desde as 10 ata as 14 horas no auditorio de Vilagarcía. As inscricións poden realizarse a través do correo info@culturactiva.org cunha cota de 100 euros.
Este italiano é un auténtico bufón que considera que o pallaso debe mirar directamente ao poder, mofarse del e denuncialo mediante a risa, sendo a provocación unha das súas principais armas. Bassi é principalmente coñecido por fundar a famosa Iglesia Patólica do Barrio de Lavapiés.
Teoría e xogos
Neste curso, Leo Bassi desenvolve un sistema no que combina a teoría con xogos psicolóxicos orixinais coa intención de animar aos participantes a descubrir o bufón que levan detntro. Un dos aspectos máis importantes destas sesións é quetodos os asistentes serán estimulados a tomar un papel activo e de observadores críticos de maneira alternativa.