Xogade coas Motos chega a Vilanova para atopar novos motociclistas

H.P. / p.p.v. VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

15 ago 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa Xogade coas Motos chegará a Vilanova de Arousa este sábado, 19 de agosto. O evento forma parte do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) da Xunta de Galicia dirixido a rapaces e rapazas de entre e 16 anos. O club VF Timing de Vilagarcía e a Federación Galega de Motociclismo, en colaboración coa Xunta, encárganse da organización desta actividade.

Xogade coas Motos desenvolveráse no polígono de Baión e estará repartido en dúas franxas horarias, de 10 a 14 horas e de 18 a 20.30 horas. Desde a organización, Sandra Fernández informa de que algúns dos monitores son pilotos de velocidade en activo. Ao remate da actividade, estes informaránlles aos pais dos participantes do nivel dos rapaces. Tamén comentarán se ven o neno ou nena realmente interesados no motociclismo, ademais das diferentes modalidades que teñen para competir. O club VF Timing contará con 30 participantes na actividade, ademais dunha lista de agarda no caso de que se cancele algunha inscrición.

O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, asegura que se o programa ten boa acollida, o Concello tentará que se repita no futuro, apelando á diversificación do ocio e á aposta por deportes minoritarios cualificando esta iniciativa como «una actividad puntera y novedosa en nuestra comarca».