Primeira vitoria do Umia, que abandona o fondo da táboa (2-1)

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

As pupilas de Guillermo Martín aproveitaron o terreo de xogo enchoupado para impoñer o seu xogo

31 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Umia CF asinou o sábado o seu primeiro triunfo da temporada na Terceira Federación de Fútbol Feminino na oitava xornada de Liga a costa dun Olímpico de León que chegaba á Bouza coma cuarto clasificado. Sumado ao 1-1 da semana anterior no campo do Bovedana, o resultado final, 2-1, saca o Umia do fondo da táboa escalando catro postos, ata o décimo terceiro.

As pupilas de Guillermo Martín aproveitaron o terreo de xogo enchoupado para impoñer o seu xogo na primeira metade ante un rival de toque. Eva, nun saque de córner, e Natalia, nun de banda, adiantaron no 17 e no 43 o Umia, que resistiu o asaltos do León tras o 2-1 no 62.

Umia: Iria Ferreiro, Nerea, Ainhoa Varela, Paula Sanmartín (Uxía, min 78), Carla Piñeiro, Eva López, Laura Rodríguez, Marta Méndez (Joana, min 63), Marga, Natalia e Minerva Bóveda.

Olímpico de León: Alba, Clara Piñán, Nerea (Inés, min 76), Claudia, Emma, Aroa, Lucía Rabanal (Jyoeldry, min 46), Paula (Andrea, min 46), Lucía Bouzón (Fariza, min 68), María Cuervo-Arango e Marta.

GOLES: 1-0, min 17: Eva. 2-0, min 43: Natalia. 2-1, min 62: Aroa.

ÁRBITRO: Asier Manuel Fariña Biasi (Colexio Galego). Expulsou con vermella directa e tras dúas amarelas a xogadora visitante Claudia (min 91). Tamén amonestou a Ainhoa, a Iria Ferreiro e a Marga, polo Umia CF, e a Paula e a Nerea, polo Olímpico de León.