Nova proxección hoxe na Illa á espera dun ciclo de cine alemán

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

24 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Cineclube Entrecortiñas proxectará hoxe no auditorio municipal da A Illa (20.30 horas) a película A costa dos murmurios, en versión orixinal subtitulada ao castelán. Trátase dun filme de ficción ambientado no Mozambique de finais dos anos 60 no que Evita, unha rapaza portuguesa, chega a Mozambique para casar con Luís, un soldado salazarista. Entrecortiñas agradece ao Instituto Camoes de Vigo o apoio mostrado con esta iniciativa e anuncia futuras colaboracións: «As nosas olladas irán próximamente cara ó centro de Europa, xa que temos previsto un ciclo de cine alemán en colaboración co Instituto Goethe», segundo informa o cineclube.