Los conflictos en el Castro Alobre son «os normais», según el instituto

Rosa Estévez
rosa estévez VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

En todos los incidentes denunciados se tomaron las «medidas correctoras» previstas, dice la comunidad educativa. Opinión: El dedo y la luna, por Serxio González

05 jun 2024 . Actualizado a las 07:17 h.

La comunidad educativa del IES Castro Alobre ha emitido un comunicado en el que asegura que los conflictos surgidos a lo largo del curso en el instituto «son os normais en calquera centro da nosa comunidade». Los incidentes que han salido a la luz pública —incautación de una pistola de balas de plástico a un alumno, grabaciones al profesado sin su consentimiento, lanzamiento de objetos a docentes, pintadas e insultos— «foron sucesos diseminados ao longo de moitos meses nun centro de máis de 800 alumnos». Por lo tanto, «non teñen que supoñer ningún tipo de alerta, nin deixar en mal lugar o funcionamento interno do instituto e o comportamento xeral do noso alumnado».

Los comportamientos descritos fueron recogidos en una información publicada en La Voz de Galicia el pasado viernes. «Todos os feitos relatados teñen parte de verdade e todos sucederon máis ou menos como se describen, pero son cinco ou seis episodios que tiveron lugar ao longo de moitos meses», insiste el documento refrendado por la comunidad educativa del Castro Alobre. Todos esos episodios, continúan explicando desde el centro, «foron tratados como correspondía na Dinamización de Convivencia, e todos tiveron a súa respectiva repercusión en canto a medidas correctoras, moitos deles, non só con sancións ou expedientes, senón tamén con traballos na aula de convivencia, supervisados con Orientación, para reverter e reconducir condutas».

Pese a ello, la comunidad educativa quiere recalcar que «en ningún caso os feitos foron tan graves como se daba a entender». Desde el centro hacen un repaso de algunas de las cuestiones apuntadas, comenzando por el último de los episodios consignados: un alumno de la ESO que se paseó por el centro con una pistola, que resultó ser de plástico, que apuntaba aquí y allá.

Aseguran desde la comunidad educativa del Castro Alobre que «desde o primeiro momento se sabía que era unha pistola de xoguete, de bolas de plástico totalmente inofensivas, e aínda así, polo que implicaba o obxecto en cuestión, foi confiscado de inmediato e o alumno tivo unha suspensión do dereito a asistir ao centro».

Al respecto de que el alumnado realice grabaciones sin su consentimiento a docentes, la comunidad educativa concluye que este tipo de episodios «son inevitables». «Por moitas medidas que se adopten ao respecto, o alumnado segue a traer o móbil aos centros e, cando non empregan o teléfono para facer fotos ou gravacións, empregan os propios ordenadores E-Dixgal», señala el comunicado de prensa.

Desde la comunidad educativa quieren romper una lanza a favor de su alumnado y lanzar un mensaje tranquilizador a las familias. «O centro segue a ser un instituto no que se traballa con esforzo en prol da convivencia e no que se intenta contribuír á formación integral de cidadás é cidadáns a todos os niveis». En ese sentido, recalcan por ejemplo, que el Castro Alobre es un centro que destaca, dicen, en materias como «atención á diversidade, en resultados académicos nas probas ABAU, na consecución de premios extraordinarios e na cifra de mellores expedientes de Galicia (...). Somos un centro moi implicado en igualdade, diversidade LGTBI+, as dinamizacións de biblioteca, TIC e normalización lingüística son moi activas...». Numerosas actividades extraescolares, viajes y demás, asumidas por el profesorado y realizadas «case todas fóra do horario lectivo», vendrían a demostrar que «o alumnado non é tan conflitivo».

Texto íntegro remitido pola comunidade educativa do Instituto Castro Alobre

O pasado venres 31 de maio na portada da edición do Salnés de La Voz de Galicia aparecía unha noticia coa fotografía do noso centro e cun titular que falaba de agresións, gravacións a profesorado e pintadas, seguido dun subtitular sobre o paseo dun alumno polo instituto cunha pistola de balines. No corpo da noticia explícanse estes feitos e fálase do empeoramento nas relacións sociais entre alumnado e profesorado nos últimos anos, facendo unha reflexión sobre a degradación do profesorado en xeral para solidarizarse coa súa situación. Aínda que o profesorado e a comunidade educativa do IES Castro Alobre está de acordo coa reflexión, a indignación interna é maiúscula, xa que o titular e a foto sementan no público lector a mala imaxe do funcionamento diario do centro, da súa xestión e do ambiente no que se desenvolve o noso labor. Todos os feitos relatados teñen parte de verdade e todos sucederon máis ou menos como se describen, pero son cinco ou seis episodios que tiveron lugar ao longo de moitos meses (algúns deles remóntanse a comezos de curso) nun centro de máis de 800 alumnos/as, o que supón unha cifra ridícula de incidentes en calquera instituto de Galicia. Xuntar nunha mesma noticia todos estes feitos que, como repetimos, forman parte da xestión diaria de calquera centro de Galicia ou de España, implica a desacreditación do instituto e pon en dúbida o seu funcionamento. Certo é, como dixemos, que no interior do artigo acláranse certos matices que mitigan o descrito nos titulares, pero a ese corpo da noticia non chega todo o público lector por non ser suscriptor e o que chega, xa vai suxestionado polo «dramatismo» do titular.

Todos os feitos descritos foron tratados como correspondía na Dinamización de Convivencia e todos tiveron a súa respectiva repercusión en canto a medidas correctoras, moitos deles, non só con sancións ou expedientes, senón tamén con traballos na aula de convivencia, supervisados por Orientación para revertir e reconducir condutas; pero en ningún caso dos descritos os feitos foron tan graves como se daba a entender. Para comezar, o incidente da pistola, non tivo a trascendencia da que se fala porque desde o primeiro momento se sabía que era unha pistola de xoguete de bolas de plástico totalmente inofensivas e, aínda así, polo que implicaba o obxecto en cuestión, foi confiscado de inmediado e o alumno tivo unha suspensión do dereito a asistencia ao centro.

As gravacións con móbil son inevitables e calquera director/a ou profesor/a de calquera centro pode dar verdadeiramente conta desta realidade. Por moitas medidas que se adoiten ao respecto, o alumnado segue a traer o móbil aos centros e, cando non empregan o teléfono para facer fotos ou gravacións, empregan os propios ordenadores E-Dixgal que pon a Consellería a disposición do alumnado para estes mesmos usos. É un problema de difícil solución para calquera centro de Galicia, non só para o noso.

Despois da publicación da noticia, reuníuse o claustro do centro para amosar a súa disconformidade co contido e coa forma de presentalo, o mesmo aconteceu co Consello escolar, convocado dúas horas despois para explicarlles ás persoas representantes das familias, do alumnado e do persoal non docente o acontecido e toda a comunidade manifestou o seu malestar, xa que ninguén era consciente de vivir estas situacións no centro e todas as persoas que integramos esta colectividade sentimos que os problemas aos que nos enfrontamos a diario teñen que ver coa falta de recursos, sobre todo de profesorado, coas elevadas ratios e co exceso de burocracia, pero non temos en absoluto a sensación de traballar nun centro que destaque pola súa conflitividade. De feito, se algo nos fai destacar é precisamente o traballo que desenvolvemos en atención a diversidade, en resultados académicos nas probas de ABAU, na consecución de premios extraordinarios e na cifra de mellores expedientes de Galicia que cada ano non deixa de medrar e do que nos sentimos moi orgullosas e orgullosos. Somos un centro moi implicado e sensibilizado en igualdade, diversidade LGTBI+, as dinamizacións de Biblioteca, TIC e Normalización Lingüística son tremendamente activas e, sempre que temos ocasións colaboramos co Concello para amosar o noso bo facer e a grande implicación do alumnado en cada unha das actividades realizadas. Alén diso, o centro organiza a través de departamentos e dinamizacións moi diversas unha ampla variedade de actividades extraescolares e complementarias, incluídas viaxes de estudos para todos os niveis, coas que se pretende sempre motivar o alumnado e enriquecelo a nivel cultural e de convivencia. O traballo desenvolvido para cada unha destas actividades implica horas de planificación, organización e desempeño, case todas fóra do horario lectivo e se o profesorado está disposto a levalas a cabo a pesares do inxente esforzo e responsabilidade que conlevan é precisamente porque o alumnado non é tan coflitivo como se pode desprender dese titular.

Desde o IES Castro Alobre non queremos desmentir esta noticia intentando agochar unha realidade no noso beneficio, pero si queremos explicar que eses feitos, ademais de non ter sucedido tal e como se describen, son os normais en calquera centro da nosa comunidade e que foron sucesos diseminados ao longo de moitos meses nun centro de máis de 800 alumnos, polo que non teñen que supoñer ningún tipo de alerta, nin deixar en mal lugar o funcionamento interno do instituto e o comportamento xeral do noso alumnado. Así mesmo, cremos que todos os detalles descritos forman parte da organización interna e que, por tanto, a súa difusión pode tentar contra a protección de datos, xa que, aínda sen nomes, as persoas das que se falan poden sentirse afectadas e segue a ser información moi sensible para saír do centro.

Por todos estes motivos, a comunidade do IES Castro Alobre quería aclarar os puntos máis polémicos da devandita noticia, defender o noso alumnado do cuestionamento sobre o seu comportamento xeral e tranquilizar ás familias porque o centro segue a ser un instituto no que se traballa con esforzo en prol da convivencia e no que se intenta contribuír na formación integral de cidadás e cidadáns a todos os niveis.