«O que queira entender, que entenda»: así cantan a Alaska traballadores e concelleiros de Vilagarcía polo Día do Orgullo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Serxio González

Os funcionarios municipais atenden durante todo o día á cidadanía ataviados con camisetas reivindicativas

28 jun 2024 . Actualizado a las 11:53 h.

«Vilagarcía diversa e orgullosa». Este é o lema que este venres lucen os traballadores e concelleiros do Concello de Vilagarcía nas camisetas coas que atenderon ao público durante toda a xornada. A iniciativa, de claro ton reivindicativo, desenvolveuse co gallo do Día Internacional do Orgullo LGTBI. Na Casa Consistorial, unha pancarta reforzaba a idea xunta a bandeira de moitas cores e outra mensaxe clara: «O que queira entender, que entenda». A acción deseñada pola área de Igualdade tivo o mércores un antecedente, coa proxección de «Te estoy amando locamente» en colaboración co cine club Ádega. Esta mañá, fixéronse unha foto de grupo nas escaleiras de Ravella e cantaron xuntos A quién le importa, o himno libre de prexuízos de Alaska.