O Arousa recibirá o Alondras na previa da Copa Federación

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O gañador mediráse ao Gran Peña ou ao Coruxo

20 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Federación Galega de Fútbol deu onte a coñecer o cadro de competición da fase autonómica da Copa Federación. Un torneo no que finalmente participarán 14 equipos galegos, dous da Primeira RFEF, outros tantos da Segunda e os dez restantes de Terceira, entre eles, o Arousa, logo das renuncias da UD Ourense e do Somozas.

O conxunto vilagarcián recibirá na Lomba entre o 31 de xullo e o 4 de agosto —a intención do club é xogar o sábado 3— o Alondras. O gañador mediráse nos cuartos de final o vencedor do Gran Peña-Coruxo.