![](https://img.lavdg.com/sc/4Y1dek7vJFNH8XI1VRtkeY7jD64=/480x/2024/07/27/00121722108361309482902/Foto/A_20231117_183337002.jpg)
Afirma que o Concello expulsou á agrupación da súa sé en Ribadumia sen unha comunicación previa de desaloxo
28 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Somos Ribadumia denunciou o problema no que se viu envolta Protección Civil no municipio: «En silencio, David Castro está a punto de culminar a súa vinganza contra Protección Civil, e rematar de liquidar unha das agrupacións máis numerosas da comarca, dous anos despois de irse facer fotos con eles no 25 aniversario, e nove meses despois de saír na entrega de novos carnés do colectivo».
Somos afirma que o Concello expulsou á agrupación da súa sé en Ribadumia sen unha comunicación previa de desaloxo. Anteriormente houbera unha reunión na que se lles propuxo aos seus membros o traslado ao local de Besomaño, pero a agrupación non aceptou porque non reúne as condicións mínimas para un uso destas características. A formación asegura que no se lugar farase un aparcamento.