Onte tivo lugar o último dos concertos organizados pola adega Martín Códax de Cambados
09 ago 2024 . Actualizado a las 05:05 h.Onte tivo lugar o último dos concertos organizados pola adega Martín Códax de Cambados coa actuación de Ugía Pedreira. A cantante acompañou o atardecer sobre o val do Salnés poñendo o broche aos xoves musicais con temas do seu último disco e co viño como protagonista, tal e como fixeran antes artistas como Miguel Lamas, Miguel Poveda, Sumrrá, Niño de Elche, Mondra, Moisés Fernández e Antonio Carmona. Os Xoves de Códax pecharon unha nova tempada da mellor música e consolidándose como un referente na oferta do ocio estival galego con directos aos solpor que deixan un bo sabor de boca. foto MÓNICA IRAGO