San Roque do Monte celebrará o vindeiro luns a súa tradicional carreira de burras

R.C. / R.E. VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

As festas comenzarán este sábado

30 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O lugar de San Roque do Monte celebrará as súas festas dende o sábado e ata o vindeiro martes. O primeiro día arranca ás 17 horas cun partido entre o UDSM de Deiro e o Marín C.F. Ás 19 horas será a procesión dende a capela de San Roque e Ene Music amenizará a festa pola noite. O domingo haberá un pasarrúas, antes da misa das 13 horas e ás 19.30 terá lugar a procesión, que deixará paso á verbena.

O prato forte desta celebración será o luns, coa carreira de burras das 18.30 horas na que haberá premios para os vencedores. Ese día, Furruxa Gaiteiros e Os Demos da Petaca encargaránse de amenizar as rúas pola mañá, cunha verbena de noite. A misa cantada será ás 12.30 horas. O martes comezará coa misa a María Auxiliadora ás 12 horas. Fanfarria Furruxa acompañará ao pasarrúas, precedendo á verbena, con Kubo.