O festival ía celebrarse este domingo no paque Enrique Valdés Bermejo
31 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O veraniño de San Miguel será o que este ano acolla o Folk no Alobre, celebrado no parque Enrique Valdés Bermejo, en Vilagarcía, que se traslada de este domingo 1 de setembro ao 29 do mesmo mes. Dado que os concertos teñen lugar dende as seis da tarde ata as once da noite, decidiuse non celebrar a romaría, xa que as choivas prevense para a tarde, estragando a maior parte dos concertos. A festa está concibida na contorna natural do Castro de Alobre, polo que dende o Concello de Vilagarcía descartan o traslado de lugar, xa que se perdería a esencia do evento. m.s.s