Gustavo César Veloso: «Nas semanas seguintes ao Día da Bicicleta ves máis rapazada andando en bici por Vilagarcía»

Antonio Garrido Viñas
antonio garrido VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O exciclista de Bamio será de novo un dos protagonistas da iniciativa do Concello de Vilagarcía e de La Voz de Galicia

26 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Non hai moitos ciclistas que poidan presumir de ter gañado una etapa de La Vuelta. Non hai moitos que se gañaran o respecto de todo pelotón coma el. Non hai moitos que saltaran da bici ao coche e triunfaran case que dende o primeiro día. Gustavo César Veloso si, e estará no Día da Bicicleta.

—Que tal foi a tempada?

—Podemos facer un balance positivo. Na liña dos últimos anos. Na Volta a Portugal no puidemos ser moi protagonistas porque o percorrido non nos favorecía, pero aínda así destacamos nalgunha etapa. Pero tivemos vitorias nas últimas carreiras e fixemos bos postos no panorama internacional. Hai que ser conscientes de que somos unha equipa pequena. A imaxe que damos é de profesionalidade e de seriedade.

—¿Ten contrato en vigor ou renova ano a ano?

—Vou ano a ano, pero tres anos despois xa teña moita confianza cos meus xefes. Non teño asinado aínda nada e xa estou a traballar para o ano que vén.

—E se aparece algunha oferta?

—Unha oferta dun equipo moi grande claro que me gustaría e xa avisaría, pero a relación é moi boa e sen estar firmado o contrato xa vale ca palabra. O proxecto onde eu entrei hai tres anos é un proxecto que me gusta moito, onde podo traballar ao meu xeito e xa adquires un compromiso con todo o mundo. Eu non busquei ningún equipo porque aposto por este proxecto para ver a onde se pode chegar. Quen me dou a oportunidades foi este equipo, e eu aínda estou a aprender cousas novas de como é a xestión.

—Falemos do Día da Bicicleta. Sempre estivo aí para botar unha man...

—Sempre digo que hai empezar por algún sitio e na experiencia que teño de ter participado podo dicir que nos días seguintes atopas máis nenos andando en bicicleta por VIlagarcía. E esa é a parte máis importante de todo o evento.. O obxectivo é que algúns deses nenos seguen usándoa co paso do tempo. O mellor xeito de fomentar o uso da bicicleta é con iniciativas así.

—E sempre que se achega o Día da Bicicleta falamos da posibilidade de crear unha escola de ciclismo en Vilagarcía.

—Non é fácil. Se queres facer as cousas ben, necesitas xente, patrocinadores, material, monitores remunerados.... non é coller e quedar o domingo para quedar todos xuntos. Claro que me gustaría que houbera unha escala de ciclismo, e claro que botaría unha man, pero eu no podería atendela, porque teño o meu traballo e a miña familia.