A figura emerxente do trad explicou a evolución da música tradicional galega aos alumnos do instituto Cabanillas
18 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Dende que aprendeu a tocar a pandeireta, con apenas oito anos, Mondra soubo que a música era o seu. Consagrado xa coma unha das figuras da música tradicional galega pasada polo prisma dos novos sons, Mondra estivo onte cos rapaces de 3.º curso da ESO do instituto Ramón Cabanillas, en Cambados. O intérprete soubo, dende logo, conectar as raíces da tradición cos tempos actuais á hora de explicarlles aos rapaces determinadas formas etnográficas de socialización musical. Por exemplo, o que é unha foliada, que moitos descoñecían, e Mondra definiu coma «as discotecas de antes». Difícil aclaralo mellor.