O cadro arousán perdeu 4-3 e 13 xogos a 12
22 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Ao desempate no dobres tiveron que chegar o domingo o Club del Mar e o Concello de Cambados no seu duelo de Liga de División de Honor de tenis de mesa no local de xogo do equipo coruñés. Un último duelo con triunfo dos locais Lawal Abiodun e Diego Varela sobre os xogadores arousáns Santiago Otero e Sergiy Nigeruk por 9-11, 11-9, 11-6 e 11-7.
A derrota de Nigeruk ante Abiodun no primeiro emparellamento acabou por resultar decisiva. Otero mantivo vivo o Cambados co seu triunfo sobre Javier Obelleiro para que Nigeruk, ante Varela, e André Teixeira, fronte a Obelleiro, forzasen o dobres. O marcador final: 4-3 e 13 xogos a 12.